Cargando resultados...
Un arroaz, pescando nunha praia da Pobra do Caramiñal
Un arroaz, pescando nunha praia da Pobra do Caramiñal
Imaxes de golfiños pescando son difíciles de conseguir e menos a carón dos areais
G24.gal
24/08/2023 12:54
E nesta semana en que se espertou certa alarma polo avistamento de candorcas no interior da ría de Arousa, tamén nos deixa imaxes curiosas doutros mamíferos mariños.
Un arroaz pescando nunha praia da Pobra. O golfiño empurra os peixes, robalizas ou muxos, a augas pouco profundas para cazalos ou mesmo xogar con eles como fan, por exemplo, os gatos con algunha presa. A práctica non está exenta de perigo para o arroaz. Tan preto da praia podería quedar varado.