Cargando resultados...
Unha administración da Coruña reparte o Primeiro Premio da Lotaría Nacional
Unha administración da Coruña reparte o Primeiro Premio da Lotaría Nacional
Vendeu dez décimos do número 10.126, premiados cun total de 600.000 euros
G24.gal
28/01/2024 08:28
Última actualización 28/01/2024 09:04
A administración número 28 da Coruña, situada na céntrica rúa Payo Gómez, vendeu unha serie completa do número 10.186, agraciado co primeiro premio no sorteo da Lotaría Nacional do sábado.
Cada décimo está premiado con 60.000 euros, polo que o premio total ascende a 600.000 euros. A costa de xaneiro será menos pronunciada para as persoas agraciadas.