Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha aña de poucas semanas convértese na mascota máis famosa de Lugo

Unha aña de poucas semanas convértese na mascota máis famosa de Lugo

Pepa pasea polas rúas da Cidade das Murallas engaiolando a veciñanza

G24.gal 04/03/2023 20:16 Última actualización 04/03/2023 20:30

No barrio da Residencia de Lugo viven os donos de Pepa, unha aña que ten dúas semanas de vida e que anoxou a nai dous días despois de nacer. Non a quería e non a quería; un comportamento que se dá ás veces nos animais cando paren por vez primeira.

Malia que o rabaño de ovellas está na zona do Picato, a uns dez quilómetros de Lugo capital, os donos das pécoras decidiron traer a aña para Lugo para evitarlle a morte segura que tería se a deixaban no medio do rabaño cunha mai que non a aleitaba.

Ao traela para Lugo había que sacala a dar unha volta pola cidade, onde chama a atención de todo o mundo: persoas e mascotas.

A súa intención é que a aña estea canda eles en Lugo ata que pase un mes ou mes e pico, cando xa se defenda en por si. Despois, xa entrada a primavera e cando comece a pacer, devolverana á aldea, onde seguro, algunha vez, botará en falta a súa infancia urbanita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade