Unha anciá de 92 anos asfixia a súa compañeira de cuarto nunha residencia valenciana
Unha anciá de 92 anos asfixia a súa compañeira de cuarto nunha residencia valenciana
Atopouna morta unha traballadora cando entrou para darlle a medicación
Unha anciá de 92 anos asfixiou a súa compañeira de cuarto, de 96 anos, nunha residencia da terceira idade da localidade valenciana de Chiva. O suceso tivo lugar na noite do martes, por motivos que non transcenderon.
A Garda Civil está a investigar as causas do homicidio e destacou a vulnerabilidade da vítima, tanto pola súa avanzada idade como polo momento en que se produciron os feitos. Foron as responsables da residencia pública as que alertaron os axentes do falecemento da residente en estrañas circunstancias. Unha empregada avisou do suceso tras decatarse de que unha interna estaba sen vida cando entrou no cuarto para prepararlles a medicación.
Polo momento a Garda Civil non informou de que se detivo a compañeira da residente e está previsto que hoxe se practique a autopsia á vítima no Instituto de Medicina Legal (IML).