Publicador de contidos
Publicador de contidos

A manta D-Leite dunha tecelá de Allariz é finalista ao Premio Nacional de Artesanía

A manta D-Leite dunha tecelá de Allariz é finalista ao Premio Nacional de Artesanía

Inés Rodríguez, do taller Rir&Co, inspirouse na lactación materna e no agarimo dos bebés para deseñala

G24.gal 22/10/2023 20:54 Última actualización 22/10/2023 21:07

Unha manta para bebé, feita nun tear de Allariz con la e fibra de proteína láctea, é finalista ao Premio Nacional de Artesanía na categoría do mellor produto.

A súa creadora é a artesá Inés Rodríguez, do taller Rir&Co, que despois de varios recoñecementos, acolle esta candidatura con moita ilusión.

Inspirouse na lactación materna e no agarimo dos bebés para deseñala. Dous artesáns máis, unha madrileña e un andaluz, están entre os finalistas. Os premios outórganse en decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade