Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha artesá galega recibe encargas de toda España para restaurar bolsos de luxo no seu taller da Coruña

Unha artesá galega recibe encargas de toda España para restaurar bolsos de luxo no seu taller da Coruña

Os pedidos acumúlanse. Chegan de todas as partes de España, desde Madrid, Barcelona ou Valencia

Di que máis do 80 % das encargas son para restaurar bolsos de marca de segunda man

G24.gal 02/09/2024 20:54

Azucena Torreiro traballa nun dos bolsos de luxo que está a reparar no seu taller. Un labor minucioso en que cada proceso require o seu tempo. Con cada unha das pezas realiza un traballo totalmente artesanal.

"Empregas a máquina de coser tamén, pero pulir un bolso ten que ser a man, darlle cera ten que ser a man, os remates teñen que ser a man, cortas a man, non corta ningunha máquina", explica.  

As súas grandes aliadas son as redes sociais.

"Eu pido un video, que me expliquen o que queren arranxar, e con iso fago un orzamento. Se o  aceptan xa me mandan o bolso e doulles unha data de entrega", matiza.   

Os pedidos acumúlanse. Chegan de todas as partes de España, desde Madrid, Barcelona ou Valencia. Nestes momentos para os traballos máis laboriosos ten listaxe de agarda. Non pode dar datas ata mediados de novembro. Di que máis do 80 % das encargas son para restaurar bolsos de marca de segunda man. Pezas exclusivas ás que esta artesá coruñesa lles dá unha nova vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade