Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben a 14 os mortos por unha avalancha de lama en Colombia

Soben a 14 os mortos por unha avalancha de lama en Colombia

Hai ademais seis feridos e un número indeterminado de desaparecidos

G24.gal 18/07/2023 16:30 Última actualización 18/07/2023 20:26

Polo menos seis persoas mortas, seis feridos e varios desaparecidos deixou unha avalancha de lama e auga ocorrida  en Colombia.

O suceso produciuse na localidade de Quetame, no departamento de Cundinamarca, a raíz das fortes choivas do luns.

"Ao momento temos o avistamento de seis vítimas fatais, atopámonos realizando un censo para poder establecer se temos máis persoas desaparecidas", dixo o delegado para os bombeiros de Cundinamarca. O capitán Álvaro Farfán engadiu que 35 persoas foron evacuadas de madrugada.

As autoridades non lograron establecer o número de desaparecidos pero o gobernador de Cundinamarca, Nicolás García, afirmou: "Temos moitas persoas desaparecidas, entre eles varios menores de idade". Varios medios locais falan que a cifra podería chegar a 20.

"A morte que chega a Quetame, Cundinamarca, demostra a imperiosa necesidade de ordenar o territorio ao redor da auga e liberar os seus espazos", manifestou na súa conta de Twitter o presidente colombiano, Gustavo Petro, quen se atopa en Bruxelas para participar no cume da Unión Europea e a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (Celac).

Segundo os primeiros informes das autoridades, a avalancha arrastrou ademais varias casas, unha ponte e ocasionou tamén o peche dunha estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos