Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha avaría no motor manterá o Piueiro amarrado ao porto de Malpica unha semana

Unha avaría no motor manterá o Piueiro amarrado ao porto de Malpica unha semana

Confían en chegar a tempo ao Festival Marítimo de Pasaia, no País Vasco

A previsión é que tarden 7 días en reparalo

Marta González Salve 11/05/2022 14:24

Co levantamento do motor e o pregado das velas afúndense parte dos tres anos de traballo e das ilusións postas nesta travesía iniciada o pasado luns por esta embarcación tradicional no porto da Guarda.

A bordo desta réplica do volanteiro máis antigo de Galicia viaxan 11 tripulantes que suman 701 anos, máis de 500 dedicados ao mar, polo que sabían que algo así podía pasar.

O motor foi traslado a Vigo para ser reparado. As previsións apuntan que tardará polo menos unha semana en estar listo.

Malia todo, manteñen a esperanza de poder chegar a tempo ao Festival Marítimo de Pasaia, no País Vasco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar