Unha avaría provoca atrasos en varios servizos de tren de primeira hora en Galicia

Avariouse o sistema de sinalización por telemando na estación da Coruña

G24.gal 14/11/2023 10:53

Problemas de novo nas estacións de tren galegas, con atrasos de ata hora e media en liñas que dan servizo á Coruña, Vigo, Ourense e Santiago.

A causa fon unha avaría no sistema de sinalización de vías na estación da Coruña. Afectou os primeiros trens con saída da estación herculina, entre as cinco e seis da mañá. Dous media distancia cara a Vigo e Ferrol e dous Avant con destino Ourense, onde os viaxeiros fan transbordo o AVE a Madrid.

A avaría fixo que se perderan enlaces e o efecto dominó encadeou atrasos noutras liñas e estacións que usan centos de galegos para ir traballar ou estudar.

O Adif fala dun problema puntual. A plataforma galega de usuarios do tren mantén que é reiterado e denuncia a falta de resposta ante incidencias coma esta. 

A avaría quedou arranxada ás seis e media da mañá. E os tapóns nas estacións galegas foron aliviándose nas seguintes dúas horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade