Unha carnicería pontevedresa vende estes días carne de touros de lida da Peregrina
Unha carnicería pontevedresa vende estes días carne de touros de lida da Peregrina
Un negocio de varias xeracións, porque hai uns 40 anos que esta familia vende esta carne nas festas
As reservas non cesan ao ser un manxar moi cobizado e pouco habitual en terras atlánticas
Estes días hai feira taurina en Pontevedra co gallo da celebración das Festas da Peregrina. Nós hoxe visitamos a única carnicería da cidade onde venden a carne dos touros bravos que saen da praza despois da lida.
Dende tempos pasados, en Pontevedra e arredores había o costume de comer carne de touro de lida na semana das Festas da Peregrina. Para atopala hai que vir a esta carnicería da praza de abastos porque ten a súa exclusividade. Un negocio que leva varias xeracións porque hai uns 40 anos que esta familia vende esta carne nas festas de Pontevedra.
Unha vella tradición da que tamén tira a hostalería que esta semana ten esta carne como produto estrela, pero tampouco faltan reservas de particulares e mesmo turistas do sur, máis habituados ao seu consumo.
E como son as características da carne de touro? É unha carne magra sen graxa, cun sabor forte, moi fibrosa e que necesita máis cocción que a tenreira. O prezo do quilo da carne para guisar sen óso rolda os 8 euros ata os 18 do entrecosto.
As reservas non cesan durante estes días ao ser un manxar moi cobizado e pouco habitual en terras atlánticas.