Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha comisión político-técnica traballa na futuro transporte metropolitano en Ourense

Unha comisión político-técnica traballa na futuro transporte metropolitano en Ourense

Estudarán unha extensión de liñas dende a capital da provincia coordinada e complementada co transporte da Xunta

G24.gal 10/07/2024 14:49

O transporte metropolitano dá un paso adiante para a súa implantación en Ourense. Xunta, concellos e deputación traballan para establecer liñas que melloren a mobilidade de cento corenta mil persoas.

Primeira reunión da mesa polo transporte metropolitano en Ourense, que xorde tras o acordo de todos os grupos con representación na Deputación de Ourense e á que se suman a Xunta e todos os municipios limítrofes afectados polo proxecto.

"É unha demanda que chegaría a practicamente a metade dos veciños desta provincia porque nun radio de dez, quince quilómetros están 140-150.000 persoas".

Estudarán unha extensión de liñas dende o Concello de Ourense coordinada e complementada co transporte da Xunta. Tamén a negociación coas empresas concesionarias para estudar de que xeito poderían participar nesa ampliación das liñas. O compromiso do Concello de Ourense quedou hoxe tamén sobre a mesa. 

"Ten o seu prego de transporte da concesión en intervención, e nese prego contempla a extensión de liñas fóra do seu concello, que é o primeiro paso para levar a cabo este plan".

Cidades como Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo contan cun servizo que os ourensáns estiman necesario na provincia. 

"Persoas coma min que traballan no polígono, que entramos ás seis da mañá se non tes vehículo, tes que pagar taxi ou atopar quen te leve. Máis ben debería haber unha ruta que saia antes das seis da mañá".

"Obviamente se tes máis fácil acceso a chegar o teu traballo se vives lonxe pois si". "Se non tes coche hai moitos plans e moitas cousas que tes que deixar de facer".

Todos os concellos implicados quedaron emprazados a achegar o 1 de setembro un documento coas súas necesidades concretas, ben sexan extensións de liñas ou novas liñas complementarias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade