Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha condutora bate contra unha árbore e queda á beira dun precipicio nas Neves

Unha condutora bate contra unha árbore e queda á beira dun precipicio nas Neves

Os bombeiros tiveron que estabilizar o vehículo para sacar a muller do interior sen risco

O desnivel polo que podía precipitarse era duns quince metros de altura

 

G24.gal 10/06/2024 13:48

O sinistro rexistrouse na estrada comarcal que une os concellos de Salvaterra e das Neves, á altura da parroquia de Liñares. A condutora ferida perdeu o control do vehículo, saíu da vía e bateu contra unha árbore. O seu coche quedou ao bordo dun barranco.

Os bombeiros do Porriño e de Ponteareas tiveron que estabilizalo para poder sacar a muller do interior sen risco. O desnivel polo que podía precipitarse era duns quince metros de altura.

A condutora foi atendida no lugar por persoal sanitario e trasladada despois en ambulancia a un centro hospitalario vigués. Estaba consciente e tiña un golpe na cabeza. A Garda Civil investiga as circunstancias en que se produciu este sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade