Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha condutora desfai catro coches tras un brutal accidente en Nigrán

Unha condutora desfai catro coches tras un brutal accidente en Nigrán

O vehículo circulaba pola PO-340 cando saíu da vía, chocou contra dous colectores e bateu contra dous coches que estaban estacionados

Deu unha volta de campá, caeu contra o teito doutro coche, bateu contra a fachada da praza de abastos e acabou enriba doutro automóbil

G24.gal 17/11/2021 07:57

Espectacular accidente en Nigrán, na coñecida curva do Ázaro. Ocorreu ás 03:30 horas da madrugada deste mércores. O vehículo circulaba pola PO-340 cando saíu da vía, chocou contra dous colectores e bateu contra dous coches que estaban estacionados.

A seguir, deu unha volta de campá, caeu contra o teito doutro coche, bateu contra a fachada da praza de abastos e acabou enriba doutro automóbil.

Pese á brutalidade do sinistro, a condutora resultou ferida leve e foi trasladada ata un centro hospitalario. O forte impacto espertou os veciños. Ata o lugar acudiron a Policía Local de Nigrán, o GES do Val Miñor, o 061 e a Garda Civil de Tráfico, que se fixo cargo do atestado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade