Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha de cada tres mulleres no mundo morrerá dunha doenza cardiovascular

Unha de cada tres mulleres no mundo morrerá dunha doenza cardiovascular

A sociedade europea de cardioloxía acaba de baixar o índice de normalidade da tensión a 120/70

G24.gal 28/09/2024 14:48 Última actualización 28/09/2024 16:18

O ictus é a primeira causa de morte nas mulleres. É un dato que sorprende, pero xa leva anos sendo así e precisamente a difusión desta realidade é o que se aborda nos dous congresos que se celebran en Sanxenxo esta fin de semana.

Son dúas xornadas para falar da tensión alta e tamén do risco cardiovascular. Ao Congreso da Sociedade Galega de Hipertensión asisten 270 persoas, da atención primaria e hospitalaria, e o Congreso da Sociedade Galega de Risco Cardiovascular, con 65 enfermeiras.  

Neste 2024 o lema é "Prevención cardiovascular, habitualmente demasiado tarde". A Organización Mundial da Saúde, a OMS, cifra a hipertensión nun de cada tres adultos.

Paralelamente aos relatorios dos dous congresos, no porto deportivo de Sanxenxo, efectuáronse medicións de tensión, gluiosa e colesterol para avaliar o risco cardiovascular da poboación en xeral.    

O Congreso da Sociedade Galega de Hipertensión leva en pé 30 anos. Hoxe, dos 270 médicos que acoden para reciclar o seu coñecemento o 70 % provén da atención primaria e o resto da hospitalaria.

Máis aló dos malos hábitos, dos factores a ter en conta como os índices de glicosa e colesterol, neste 2024, que é o novo cando falamos de tensión alta?

"A sociedade europea de cardioloxía acaba de baixar o índice de normalidade a 120/70. Que case nos inclúe a todos como enfermos. E isto é un motivo de moito debate aquí", conta Xosé Henrique López, presidente da Sociedade Galega de Hipertensión.      

Porque no eido da medicina, en xeral na ciencia, non hai estándares para sempre. Historicamente os ensaios clínicos ao respecto da hipertensión e risco cardiovascular atenderon menos o sexo feminino. 

"Non están tan representadas nos ensaios clínicos, que son a base da toma de decisións. Entón hai que cambiar moitas cousas. Temos que empezar a facer algo aos corenta anos, as mulleres teñen que mirar o seu colesterol, a súa presión arterial, e teñen que estar vixiantes da súa historia familiar. E o problema é que unha de cada tres mulleres vai morrer dunha doenza cardiovascular", matiza Cristina Gavina, presidenta da Sociedade portuguesa de Cardioloxía.

De feito, o ictus e a primeira causa de morte nas mulleres. Elas, moitas, foron esta mañá ao porto deportivo de Sanxenxo porque alí, como actividade complementaria ao congreso de hipertensión, medíronlles gratuitamente a tensión, a glicosa e o colesterol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade