Unha entrada de auga atrasa a retirada de fuel do buque sinistrado en Xibraltar
Unha entrada de auga atrasa a retirada de fuel do buque sinistrado en Xibraltar
As autoridades da Rocha admiten que haberá verteduras pequenas o resto do verán
O alcalde de La Línea reunirase o vindeiro luns cos sectores afectados
O Goberno de Xibraltar avisou este sábado de que xurdiron problemas que estaban prolongando o baleirado do combustible do buque semiafundido fronte ás costas da Rocha.
Descubriron unha entrada de auga na sala de máquinas, o que impide que se poidan utilizar os sistemas propios do buque para bombear o combustible, polo que deben optar por outros de fóra do barco.
De momento, os equipos de salvamento conseguiron extraer con éxito a maior parte das 96 toneladas de combustible que había no tanque 2, mentres un buque de salvamento marítimo español intenta establecer unha barreira anticontaminación dun quilómetro ao redor do buque sinistrado.
Ademais, teñen previsto colocar máis barreiras para evitar que o baleirado do tanque 1 acabe derivando en máis verteduras. Con todo, as autoridades xibraltareñas admiten que seguirá habendo filtracións pequenas ao mar durante varias semanas porque mentres os rescatadores esperan retirar o combustible, os tanques seguirán sucios.
"Tivemos pouca presenza do que se chama chapapote sobre as praias do leste, nin en Xibraltar nin, que saiba desde que falei con Juan Franco no lado de La Linea de la Concepción, na praia da Atunada pero si hai evidencias de vertedura nas praias do lado oeste", explica Fabián Picardo, ministro principal de Xibraltar.
"Agora mesmo a praia de Poente está limpa pero esta pechada por prudencia sanitaria", asegura o alcalde de La Línea.
O rexedor reunirase o luns coas empresas concesionarias dos dous portos deportivos, os chiringuitos e os pescadores. Juan Franco quere que o presidente da Xunta de Andalucía visite a localidade.