Unha escultura da man de Arzak inaugura o Paseo das Estrelas Solidarias de Negreira
Unha escultura da man de Arzak inaugura o Paseo das Estrelas Solidarias de Negreira
O Concello xunto cos propietarios do restaurante Casa Barqueiro van construír o paseo solidario das Estrelas do Camiño
A man de Arzak é o quilómetro cero desta rúa da fama gastronómica que se irá completando no futuro
O turismo gastronómico está en auxe en Galicia. Unha tendencia que alcanza a ruta Xacobea.
Cada ano un restaurante de Negreira reúne os mellores cociñeiros de España nun acto solidario que bautizaron como Estrelas no Camiño. Agora van facer un paseo da fama, pero non vai ser exactamente igual ao de Hollywood.
O Concello xunto cos propietarios do restaurante Casa Barqueiro van construír o paseo solidario das Estrelas do Camiño.
Non haberá marcas no cemento da rúa, senón ventás de cristal que albergarán esculturas coas mans dos cociñeiros.
A primeira delas está lista, a de Juan Mari Arzak. Foi unha agradable sorpresa para a súa filla. Elena Arzak di que a escultura é impresionante e que reproduce exactamente a man do seu pai. A man de Arzak é o quilómetro cero desta rúa da fama gastronómica que se irá completando no futuro.
A unión entre o Camiño e a gastronomía é xa unha realidade para moitos peregrinos. O vínculo entre bo xantar e Camiño tamén é o protagonista das terceiras xornadas gastronómica 'E para comer, Lugo', centrada este ano na cultura culinaria das catro vías xacobeas que atravesan a provincia.
A excelencia dos nosos produtos e a calidade dos nosos restauradores, 16 estrelas Michelin este ano, sitúa Galicia como referente nos destinos do gastroturismo.