Publicador de contidos
Publicador de contidos

O colapso dun edificio en Italia deixa polo menos sete persoas mortas e dúas desaparecidas

O colapso dun edificio en Italia deixa polo menos sete persoas mortas e dúas desaparecidas

A investigación apunta a que un estoupido causado por unha fuga de gas metano orixinou o derrubamento

Máis de cen residentes da zona tiveron que ser evacuados

G24.gal 12/12/2021 10:20

Sete persoas morreron e continúa a busca doutras dúas desaparecidas tras unha explosión de gas ocorrida na noite do sábado no municipio de Ravanusa, na illa italiana de Sicilia, que provocou tamén a evacuación de máis de cen residentes, segundo informan medios locais.

Nun primeiro momento localizáronse tres vítimas. Arredor de 250 efectivos, entre bombeiros, membros de protección civil e axentes de policía, traballaron durante todo o domingo para atopar os corpos do resto de desaparecidos, mentres se busca aínda entre os entullos dúas persoas.

Entre as últimas vítimas identificadas localizadas entre os entullos a primeiras horas da mañá está unha muller de 30 anos, que estaba embarazada de nove meses, e o seu home.

As outras tres vítimas identificadas este domingo eran tres veciños do edificio.

Dúas mulleres puideron ser rescatadas con vida dos entullos e permanecen hospitalizadas con diferentes traumatismos e fracturas.

Segundo as primeiras hipóteses, a causa da explosión podería estar nunha gran fuga de gas na rede de metano. Tres edificios derrubáronse e houbo danos noutros inmobles contiguos.

O comandante do corpo de bombeiros de Agrigento  Giuseppe  Merendino destacou que seguramente "o gas se acumulou baixo terra ou nun ambiente pechado e a activación dun ascensor puido desencadear a explosión".

"Nos próximos días realizaremos investigacións máis detalladas, este suceso é algo excepcional", agregou.

Non se descarta tampouco que a rotura da tubaxe fora ocasionada polo mal tempo ou por un corremento de terras.

A empresa subministradora de gas informou nun comunicado de que non recibira ningunha chamada de emerxencia nos últimos días.

🔴 #Ravanusa (AG), crollo palazzina, segnalate al momento 8 persone disperse. Nell’esplosione coinvolte altre abitazioni, fiamme diffuse, ##vigilidelfuoco al lavoro con squadre #usar e cinofili [#12dicembre 00:30] pic.twitter.com/6Eceyzr6d3

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade