Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia de Ponte Caldelas con dependentes denuncia que a ambulancia non entra polo acceso á súa vivenda

Unha familia de Ponte Caldelas con dependentes denuncia que a ambulancia non entra polo acceso á súa vivenda

Os servizos de emerxencias xa asistiron aos anciáns catro veces, a última hai un mes

Os sanitarios teñen que percorrer 500 metros cos dependentes en cadeira de rodas

Os sanitarios teñen moitas barreiras para atender os anciáns dependentes de Silvoso
G24.gal 02/08/2022 14:42 Última actualización 02/08/2022 15:12

En Silvoso, Ponte Caldelas, hai tres vivendas que non teñen un acceso fácil. Sábeno ben os servizos de emerxencias que hai un mes tiveron que trasladar o hospital unha muller de 90 anos por unha infección pulmonar. Ela está encamada.

Héctor Lorenzo é o seu neto e conta que na vivenda tamén viven o seu avó, da mesma idade e con problemas de mobilidade; e a filla de ambos, de 63 anos e con síndrome de Down. A situación familiar é particularmente complexa. O camiño de entrada aínda a complica máis. 

Acceso difícil

A ambulancia xa acudiu catro veces a este lugar. E as catro, coas mesmas dificultades. Os sanitarios teñen que deixar o vehículo na estrada principal, andar os 500 metros ata a vivenda dos anciáns e baixalos en cadeira de rodas.  

O camiño de entrada estréitase nalgunhas zonas O camiño de entrada estréitase nalgunhas zonas

Arranxo doado e colaboración veciñal

Todos os veciños están dispostos a ceder os terreos para anchear o suficiente o camiño para que poda entrar unha ambulancia ou un vehículo de repartición. O Concello é coñecedor do problema. Hai catro anos arranxou un muro de contención que caera e, daquela, xa se comprometera cos veciños. Curiosamente, esa obra aínda xerou un atranco máis porque cando chove a auga empoza neste punto. A próxima vez que veñan os sanitarios terán que traer botas...

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade