Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha forte treboada deixa rúas, baixos e estradas anegadas en Murcia

Unha forte treboada deixa rúas, baixos e estradas anegadas en Murcia

En Calasparra e Molina superáronse os 50 litros por metro cadrado nunha hora e a auga anegou baixos e estradas

No centro de emerxencias recibiron case 400 chamadas de incidencias relacionadas coa treboada e os bombeiros murcianos tiveron que multiplicar esforzos para chegar a todos os lugares

G24.gal 11/06/2024 13:20

Unha ducia de provincias do sur e do leste peninsular están en alerta por treboadas e chuvias que deixarán ata 20 litros nunha hora. Unha delas é Murcia, onde as intensas precipitacións deste luns causaron inundacións en baixos e estradas.

Unha forte treboada, a segunda en pouco máis de 48 horas, deixou un regueiro de incidencia na comunidade autónoma de Murcia. En Calasparra e Molina superáronse os 50 litros por metro cadrado nunha hora e a auga anegou baixos e estradas.

No centro de emerxencias recibiron case 400 chamadas de incidencias relacionadas coa treboada e os bombeiros murcianos tiveron que multiplicar esforzos para chegar a todos os lugares.

Na cidade de Murcia, a caída dunha árbore sobre a vía obrigou a interromper temporalmente o servizo de tranvía. O risco de tormentas continuará durante as próximas horas na comunidade murciana que mantén activada a alerta amarela por precipitacións acumuladas de ata 20 litros nunha hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos