Unha gandería de Xermade conta coa vaca leiteira máis perfecta de Galicia
Unha gandería de Xermade conta coa vaca leiteira máis perfecta de Galicia
O animal chegou de Francia e xa leva tres partos, cunha media de 60 litros diarios
Os xuíces valoraron a perfección de ubre, patas e costelas
Kergo Ozalid 6818 é o curioso nome desta vaca de catro anos que xa pariu tres veces. O seu corpo é perfecto para a produción de leite, e por iso resultou gañadora no concurso internacional de Lalín, onde competía con outros cen animais. A vaca pariu en abril e produce 60 litros diarios, moi por riba da media para este tipo de animais.
Ademais da boa xenética da vaca, os coidados e a preparación que lle dá Abel tamén inflúen no resultado dos concursos.
E é que este mozo de só 22 anos leva, literalmente, a gandería na pel. Dende cativo participa nos diferentes certames e ten moi claro que para gañar hai que comezar o traballo moito antes de que a vaca saia a desfilar.
En poucas semanas, a vaca vai participar no certame de Xixón, un dos máis concorridos de España, e o seu propietario confía en poder gañar. O que xa conseguiu é prestixio para a súa explotación.