Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reconverten en aloxamento turístico unha mansión indiana da Lama

Reconverten en aloxamento turístico unha mansión indiana da Lama

Na vivenda renace un legado señorial que combina historia, elegancia e confort

G24.gal 22/08/2024 22:17

Baixo o nome de Villa Boutique 1880, agóchase a historia de varias xeracións dunha familia galega con moito espírito emprendedor. Joaquina e o seu fillo, foron parte desta importante saga dos Piñeiro Contreras.

A historia desta mansión, agora reconvertida en aloxamento de luxo, mantense na súa restauración. Os seus balcóns, as súas ventás e os seus recunchos máis singulares. Por exemplo a súa cuberta de madeira en forma de rosa dos ventos.

Ten oito cuartos, e cada un deles ten un nome diferente que marca a personalidade dunha vila que tivo e segue tendo vida propia e que foi catalogada por Patrimonio con protección integral.

Está situada nesta aldea de Gaxate, na Lama, nunha parcela de máis de 6.000 metros cadrados. Nos seus exteriores a tranquilidade, só perturbada polo son do río Oitavén, son os protagonistas. Un lugar privilexiado que comeza novamente a renacer.

Abriu as súas portas este cinco de agosto, da man de Kike e Patricia, un matrimonio que brinda por esta importante aposta, que está tendo moi boa acollida entre os clientes que elixen natureza, arquitectura e sobre todo moita historia do noso pasado en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade