Cargando resultados...
Unha muller acoitela o seu home nunha perna en plena rúa en Vimianzo
Unha muller acoitela o seu home nunha perna en plena rúa en Vimianzo
A vítima, que foi atendida no PAC da localidade, non quixo denunciar os feitos, pero a Garda Civil investiga de oficio
G24.gal
08/02/2024 14:53
O home saía do bar London o martes á noite, cando a súa muller lle saíu ao encontro. Discutiron diante da porta, na rúa Castelao, e ela acabou dándolle unha coitelada na perna.
O dono do establecemento, que acababa de pechar, viu como o ferido se dirixía ao PAC polo seu propio pé. Alí recibiu asistencia pola ferida, que non paraba de sangrar.
A vítima non quixo denunciar os feitos, pero a Garda Civil investiga de oficio o sucedido. De feito, tanto a parella como o propietario do bar prestaron declaración no posto de Vimianzo. Agora as dilixencias trasladáronse ao Xulgado de Corcubión, onde esta mañá acudiu declarar a vítima.