Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller fai 105 anos de idade en Verea, no concello de Bande

Unha muller fai 105 anos de idade en Verea, no concello de Bande

A anciá vive dende hai seis anos na residencia de Bande

Goza dunha saúde óptima e só ten reducida a mobilidade

G24.gal 01/10/2023 19:21 Última actualización 01/10/2023 21:03

Cando Leonor Devesa naceu en Verea aínda non rematara a primeira guerra mundial. Hoxe fixo os 105 anos de idade na residencia de Bande, onde reside logo dunha vida de traballo no campo, no coidado de menores e na recadación. Malia a súa avanzada idade, goza dunha saúde óptima e tan só ten a mobilidade algo reducida.

Leonor tivo unha filla e dúas netas, que acoden pasar tempo con ela sempre que poden. É moi querida por compañeiros e coidadores, que din que o seu bo humor é a clave da lonxevidade. 

Compañeiros e traballadores da residencia quixeron felicitala no seu 105 aniversario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade