Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller discapacitada e o seu esposo atropelados nun paso de peóns en Ribadeo

Unha muller discapacitada e o seu esposo atropelados nun paso de peóns en Ribadeo

Foron trasladados ao hospital de Burela, pero están fóra de perigo

Cogami pide máis precaución e medidas de protección

G24.gal 20/12/2023 14:03

O atropelo produciuse en hora punta neste paso de peóns na rúa San Roque. Un mozo bateu contra un matrimonio que cruzaba. A muller caeu da cadeira de rodas en que ten que desprazarse e o seu home tamén recibiu o impacto do vehículo. Ambos os dous foron trasladados ata o hospital de Burela, se ben as feridas eran de carácter leve.

Os colectivos de discapacitados piden que se conciencie os condutores da necesidade de extremar as precaucións nas zonas urbanas, para evitar que se produzan atropelos e lembran que esta parte de Ribadeo é moi transitada tanto por persoas en cadeira de rodas ou muletas como anciáns e mesmo alumnos dun colexio lindeiro.

Segundo as testemuñas, o condutor do vehículo fixo todo o posible por asistir os atropelados nos momentos posteriores ao suceso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade