Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller rompe pantallas da estación de Vigo porque non había tren nocturno a Madrid

Unha muller rompe pantallas da estación de Vigo porque non había tren nocturno a Madrid

Os sindicatos ferroviarios denuncian que aumentaron as agresións ao persoal nos últimos meses

Os traballadores reciben berros e insultos dos viaxeiros descontentos co servizo 

G24.gal 27/01/2023 14:58

A oficina de venda de billetes da estación de Vialia quedou esnaquizada despois de que unha viaxeira se enterara de que non tiña tren nocturno a Madrid.

"Esnaquizou a golpes o biombo de seguridade que caeu sobre o traballador e lle fixo unha lesión no ombreiro e lle estragou o posto de traballo" explica Juan Francisco Sánchez, voceiro do sector ferroviario CXT Galicia.

O sucedido é, segundo os sindicatos ferroviarios, o cume da crecente agresividade que veñen detectando nos últimos meses entre os usuarios da Renfe. Berros, insultos e ameazas que reciben a diario froito do descontento dalgúns clientes co servizo.

"Non hai xustificación para que os viaxeiros carguen sobre os traballadores que atendemos o público os malos servizos que se poden producir puntualmente. A maioría son cívicos, pero medran os comportamentos microagresivos contra nós", lamenta o voceiro sindical de CXT.

Ademais de civismo aos clientes, piden maior seguridade nas estacións e un reforzo do persoal ante o aumento de usuarios rexistrado coa chegada dos abonos gratuítos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade