Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller morta e trece feridos ao envorcar un camión sobre un autobús en Murcia

Unha muller morta e trece feridos ao envorcar un camión sobre un autobús en Murcia

Polo de agora descoñécense as causas do accidente

G24.gal 15/01/2024 17:52

Unha muller faleceu e 13 persoas quedaron feridas de diversa consideración este luns nun accidente de tráfico ocorrido na localidade murciana de Lorca.

O sinistro produciuse ao chocar e envorcar un camión sobre un autocar de traballadores.

Doce dos feridos foron trasladados ao hospital Rafael Méndez de Lorca e un ao Virxe da Arrixaca de Murcia.

O accidente tivo lugar ás 12:35 horas na estrada de Lorca a Pulpí, no tramo da saída da ponte As Escarihuelas, punto en que envorcou o camión, cargado de plásticos, sobre o autobús.

O autobús, con 17 pasaxeiros e o condutor, dirixíase cara a Lorca con traballadores da empresa Agropulpí e o camión circulaba en dirección á localidade almeriense de Pulpí.

As causas do accidente están a ser investigadas agora polo destacamento da Garda Civil de Tráfico.

Ata o lugar do suceso desprazáronse bombeiros, seis ambulancias, Garda Civil, persoal do servizo municipal de Emerxencias, de mantemento de estradas e un inspector de seguridade e saúde laboral.

O persoal sanitario estabilizou aos feridos que foron liberados polos bombeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar