Cargando resultados...
Unha nova app permite acceder a préstamos electrónicos dos fondos das bibliotecas públicas galegas
Unha nova app permite acceder a préstamos electrónicos dos fondos das bibliotecas públicas galegas
O catálogo proporciona un servizo de préstamo temporal duns 14.000 libros, revistas e películas
G24.gal
31/01/2024 14:46
A rede de bibliotecas públicas de Galicia ten 800.000 usuarios, que dende hoxe contan cunha nova ferramenta. É unha aplicación móbil que permite acceder de balde aos contidos dixitais recollidos na plataforma de préstamos Galicia Le. O catálogo proporciona un servizo de préstamo temporal duns 14.000 libros, revistas e películas.
O conselleiro de Cultura dixo que este servizo "ábrenos un mundo de posibilidades enorme, unha Torre de Babel, e permite un salto cualitativo no acceso ao libro e á cultura".