Cargando resultados...
Unha ovella preñada métese na A-52 en Verín e provoca un caos circulatorio
Unha ovella preñada métese na A-52 en Verín e provoca un caos circulatorio
Correu tres quilómetros en sentido contrario ata que unha patrulla da Garda Civil logrou parala
Un pastor do lugar fíxose cargo do animal mentres agarda que apareza o dono
A ovella na A-52 guiada polo axente motorizado
G24.gal
30/04/2023 18:37
Última actualización 30/04/2023 18:56
Unha ovella preñada meteuse na A-52 á altura da parroquia de Ábedes, no concello de Verín, e provocou un pequeno caos entre os vehículos que circulaban nese momento pola autovía. Correu durante case tres quilómetros en sentido contrario.
Dous axentes motorizados da Garda Civil lograron parala e, mentres un retardaba o tráfico, o outro ía guiándoa pola beiravía con seguridade ata unha saída próxima. Un pastor do lugar fíxose cargo do animal mentres agarda que apareza o dono.