Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha persecución con dous coches implicados remata cun atropelo e un intento de agresión cunha fouce

Unha persecución con dous coches implicados remata cun atropelo e un intento de agresión cunha fouce

A policía busca os causantes para poder prendelos

O home atropelado pediu a alta voluntaria e xa abandonou o hospital no que ingresara horas antes

G24.gal 18/09/2024 14:03

Todo comezou, presuntamente, no poboado de San Pedro, onde, supostamente, dúas familias que manteñen certa rivalidade e desavinzas tiveron un enfrontamento.

Nun momento dado, de alí saíron dous vehículos a gran velocidade, protagonizando unha persecución por varias rúas de Ferrol. Ao chegar a Río Xuvia, o condutor dun dos turismos freou e un dos ocupantes baixou, e foi atropelado, de xeito intencionado, polo condutor do outro coche.

Pero o incidente non quedou aí. Un dos participantes esgrimiu unha fouce na lea que se produciu xusto despois.

Todo isto aconteceu a plena luz do día e ante a mirada dos veciños que, asustados, alertaron as forzas de seguridade. E foi precisamente a rápida chegada das patrullas da Policía Local e da Nacional, o que evitou que a disputa fose a máis.

O home atropelado tivo que ser trasladado ao Arquitecto Marcide, porén xa pediu a alta voluntaria e abandonou o hospital. Unha muller que ía con el no coche presentou denuncia por estes feitos.

Agora a investigación segue aberta. A policía trata de esclarecer o acontecido para poder dar cos implicados no enfrontamento e poder prendelos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade