Publicador de contidos
Publicador de contidos

Policía e Garda Civil frustan un intento de enfrontamento armado en Teo

Policía e Garda Civil frustan un intento de enfrontamento armado en Teo

Catro persoas foron detidas cando se dirixían á casa doutra coa suposta intención de matala

Outras oito persoas supostamente relacionadas co caso foron identificadas

G24.gal 29/05/2024 16:07 Última actualización 29/05/2024 21:07

Ian armados con paus, bates de béisbol e machetes, e, supostamente, saíron dende o barrio de Fontiñas en Santiago para matar unha persoa na parroquia de Calo, en Teo.

Para o seu propósito pedíronlle axuda a outro grupo de Lugo, que tamén viña armado.

Pero unha persoa próxima á suposta vítima pediu socorro á policía local de Teo antes de que a cousa fose a maiores.

Nun amplo operativo en que tamén participaron a Policía Nacional e a Garda Civil detiveron aos supostos agresores preto da carballeira de San Martiño, en Teo.

Hai catro arrestados e oito persoas máis que foron identificadas.

Polo momento descoñécense os delitos que se lles atribúen.

A orixe do enfrontamento foi supostamente un desacordo nunha operación de compra-venda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade