Rouban un coche en Narón e chocan en plena fuxida contra un vehículo policial
Rouban un coche en Narón e chocan en plena fuxida contra un vehículo policial
A persecución tivo lugar por varías rúas de Narón e Ferrol, ata que colidiron contra o coche policial e outro automóbil, cando continuaron a fuxida a pé
Un dos ladróns foi detido e o outro, xa identificado, está en busca e captura
Ao longo da mañá deste luns está previsto que pase a disposición xudicial un home que foi detido na madrugada deste domingo, tras protagonizar unha persecución por estradas de Ferrol e Narón, cun vehículo que roubara previamente nun negocio de compravenda situado na parroquia de San Mateo, en Narón.
Todo comezou cando axentes da Policía Nacional, da Comisaria de Ferrol-Narón, tiveron coñecemento deste roubo e trataron de darlle o alto ao vehículo. En lugar de deterse, tanto piloto como copiloto emprenderon a fuxida.
É por iso que os axentes pediron a colaboración das policías locais de Ferrol e Narón, que lograron interceptar nun primeiro momento este vehículo nunha rotonda do polígono industrial de Río do Pozo, en Narón, tras chocar cun vehículo policial e outro automóbil.
Pero o condutor e o seu acompañante, en lugar de quedar no punto, emprenderon a fuxida á carreira, sendo un deles detido horas máis tarde, mentres que o outro, que xa está identificado, aínda segue en busca e captura.