Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home de 69 anos nun accidente de tractor en Santa Cruz de Ribadulla

Morre un home de 69 anos nun accidente de tractor en Santa Cruz de Ribadulla

Os primeiros indicios apuntan a que o falecido puido esquecerse de activar o freo de man da máquina

Lugar onde aconteceu o accidente mortal de tractor
G24.gal 23/05/2023 09:50 Última actualización 23/05/2023 11:43

Un home de 69 anos, veciño do lugar de Sete, faleceu como consecuencia dun accidente sufrido co tractor que manexaba nunha leira situada en Tomonde, no municipio coruñés de Vedra.  

O sinistro tivo lugar minutos despois das 21:30 horas do luns na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, segundo trasladaron os servizos de emerxencia e a Garda Civil.  

O home quedou esmagado contra un poste dunha viña pola roda do camión despois de baixar del. Os primeiros indicios apuntan a que o falecido puido esquecerse de activar o freo de man da máquina.  

Ata o lugar mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil, GES e Protección Civil da Estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade