Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha praga de chinches obriga a pechar ata media ducia de albergues de peregrinos en Caldas de Reis

Unha praga de chinches obriga a pechar ata media ducia de albergues de peregrinos en Caldas de Reis

As empresas levan a cabo desinfeccións continuas das instalacións, pero din que non acordan un ano coma este

G24.gal 19/10/2023 15:53

Ata media ducia de albergues de peregrinos de Caldas de Reis, na ruta portuguesa do Camiño de Santiago, tiveron que pechar estes días por unha praga de chinches. As empresas levan a cabo desinfeccións continuas das instalacións, pero din que este ano non dan feito.

Sempre houbo chinches, pero o deste ano supera o coñecido. Varias son as causas: o cambio climático, máis temperatura e máis humidade, en pleno outono. E tamén unha trasfega inmensa de peregrinos que non sempre adoptan as medidas de hixiene e prevención para evitar a transmisión de insectos.  

Os donos piden que se active un protocolo en todo o Camiño. Un protocolo de limpeza e desinfección que xa implementan por iniciativa propia os xerentes de albergues e pensións ante o risco de expansión da praga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade