Unha ruta teatralizada nun bus de época permite descubrir o pasado indiano de Fene
Unha ruta teatralizada nun bus de época permite descubrir o pasado indiano de Fene
A visita gratuíta para nas edificacións máis representativas
O legado indiano en Fene aínda é visible en edificios como unha escola, unha das que mandaron construír os emigrantes retornados da comarca, que realizaron unha importante labor filantrópica e de mecenado. A escola fillos de Limodre é unha das paradas nesta visita que avanza ao ritmo do motor dun autobús dos anos trinta.
Un actor devolve ao presente a Antonio Fernández, coñecido como o Adriano, que fixo fortuna en Cuba traballando no ferrocarril. Ao regresar a Galicia, dedicou cartos e esforzo a impulsar a actividade cultural. O cine Adriano realizou a súa primeira proxección en 1947 e foi un dos espazos sociais e culturais máis concorridos ata o seu peche definitivo en 1972.
A pegada indiana está moi presenta en Fene. Quedan aínda en pé un bo número de casas particulares representativas da arquitectura que trouxeron de América.
Todo un patrimonio histórico que o concello de Fene quere divulgar con iniciativas como esta.