Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha semana despois do incendio de Campanar, bombeiro, policía e funcionarios seguen na zona cos afectados

Unha semana despois do incendio de Campanar, bombeiro, policía e funcionarios seguen na zona cos afectados

Os bombeiros recollen piso por piso calquera obxecto que poidan entregar aos propietarios

Unha improvisada oficina na rúa atende os veciños que reclaman pertenzas e seguen sacando coches dos garaxes en guindastres

G24.gal 29/02/2024 14:41

Os bombeiros recollen piso por piso calquera obxecto que poidan entregar aos propietarios das vivendas do edifico do Campanar, en Valencia.

Pezas da vida cotiá que se converten nun tesouro para quen perdeu todo como Alicia, que intentará recuperar o disco duro en que almacenaba o traballo de seis anos.

Rastrexan todo o edifico excepto o apartamento 86, onde se orixinou o lume, precintado pola policía que investiga aí un posible fallo eléctrico.

Unha improvisada oficina na rúa atende os veciños que reclaman pertenzas e seguen sacando coches dos garaxes en guindastres porque as chaves estaban nos pisos.

Sete días despois, as familias dos dez mortos poden enterralos, despois de que o xulgado autorizase a entrega dos seus restos.

Máis da metade das que solicitaron vivenda neste edificio ofrecido polo Concello de xeito provisional están realoxados

E hai seis familias que xa recibiron as axudas da Generalitat Valenciana para gastos de primeira necesidade. 

Unha das incógnitas é que pasará cos bloques incendiados. Haberá que agardar os informes técnicos para comprobar o estado da estrutura e decidir se se derruba ou non.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade