Publicador de contidos
Publicador de contidos

A técnica que atendeu a Desirée confirma que tiña sangue e feridas na boca

A técnica que atendeu a Desirée confirma que tiña sangue e feridas na boca

Relatou que a nena presentaba "algo vermello" debaixo das unllas, feridas na boca, na comisura dos beizos e no padal, sangue "nunha man máis ca na outra"

Cirilo, tío de Ana Sandamil: "A miña irmá chamoume e díxome: «Matou a Desirée»"

Momentos de tensión ás portas da Audiencia Provincial de Lugo

G24.gal 08/02/2022 12:31

Na segunda xornada polo xuízo da morte de Desirée Leal, entre as persoas chamadas a declarar estaba unha técnica sanitaria que atendeu a nena.

Relatou que a nena presentaba "algo vermello" debaixo das unllas, feridas na boca, na comisura dos beizos e no padal, sangue "nunha man máis ca na outra".

Esta muller afondou en que vira tamén unha zapatilla de deporte chea de sangue e un calcetín, e o mesmo líquido no chan, pero decatouse de que houbera un varrido, "parecía que fora limpado por alguén".

Descartou que a manobra de reanimación causase danos: "Nós non lle introducimos nada na boca". Subliñou que lle sorprendera que tanto a avoa como a nai de Desirée estivesen vestidas de rúa, como para saír, porque non é o habitual, e que María si "gritaba algo" ao ver o que lle ocorrera á súa neta.

A técnica pediulle a tarxeta sanitaria á nai, pero respondeulle que non sabía onde estaba e despois sentou no sofá.

Tamén prestou declaración un dos tíos da acusada, que relatou como a avoa da nena o chamou para contarlle que morrera: "Chamou a miña irmá María e díxome: «Matou a Desiré», e eu escoiteina por detrás dicindo: «Eu non fixen nada»", asegurou Cirilo García.

Tamén dixo que fora el o que fixera a busca sobre estricnina na tableta de Ana interesado en veleno para os ratos.

Familiares e amigos coincidiron en destacar ante o tribunal a boa relación que existía entre Ana e Desiré. Tamén en que nas últimas semanas estaba deprimida e con comportamentos estraños.
"Non me collía o teléfono, se me vía era coma se non me coñecese, non quería saír da casa. Estaba moi rara, para min non era ela", explicou Jose Luís Martínez, parella de Ana Sandamil. 

Mañá continúa coa declaración de investigadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade