Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha trintena de mulleres diagnosticadas con cancro participaron no equipo de 'dragon boat'

Unha trintena de mulleres diagnosticadas con cancro participaron no equipo de 'dragon boat'

A intención é que se cree o noveno equipo galego de dragon boat

G24.gal 17/03/2024 13:56 Última actualización 17/03/2024 16:12

Quedaron ás once en punto. Non se coñecían entre elas, pero, maioritariamente, teñen dúas cousas en común: unha, que foron diagnosticadas cun cancro de mama e, dúas, o seu interese incipiente no dragon boat.

"Digamos que é unha embarcación onde padexamos vinte persoas á vez, pode haber distintos niveis entre nós, é unha folla moi pequena, os niveis de forza non son moi esixentes. E logo ten a parte emocional, o traballo en equipo é moito máis levadío, máis divertido", explica Pablo Tenreiro, promotor técnico da actividade e adestrador nacional de piragüismo.

O dragon boat empezou no 2002 en España. A oncóloga Alicia Folgar forma parte da área de humanización do HULA.

"Hai unha parte sobre todo dirixida ás pacientes de cancro de mama, onde ás veces poden sufrir linfedema, onde a realización desta disciplina en concreto pode favorecer, primeiro en que non se forme tanto, e segundo, cando xa está instaurada que poida mellorar", matiza a oncóloga radioterápica no HULA e coordinadora da área de Humanización Oncolóxica.

Eli e Teresa, diagnosticadas de cancro de mama hai dous e tres anos respectivamente, son dúas das persoas que se animaron a participar neste primeiro encontro.

"É fundamental o deporte, dáme vida e nótome moito máis áxil".

"Estar con máis xente coa que poidas interactuar e falar, e que tes un día malo, pois ben, sácante dese mal momento. Outro día tócache a ti".

A intención do encontro deste domingo é que en Lugo se cree o noveno equipo galego de dragon boat.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade