Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vaca de Taboada chega ao seu sexto parto con 90 litros de leite diarios

Unha vaca de Taboada chega ao seu sexto parto con 90 litros de leite diarios

O animal duplica a media de produción e lonxevidade das frisoas

Non será sacrificada e queren que desfrute da xubilación

G24.gal 24/03/2023 18:12 Última actualización 24/03/2023 18:39

Cando, hai un ano, esta vaca remataba a lactación do seu quinto parto e xa con oito anos de idade todo apuntaba a que pouca vida podía quedarlle.

Porén, esta mesma semana volveu dar a luz e, como testemuñan os seus ubres, xa está en niveis por riba da media e agárdase que nunhas semanas volva acadar os 90 litros de hai un ano.

A cría que naceu esta mesma semana tamén apunta boas maneiras e confíase en que chegue a producir cantidades similares ás da súa nai.

Este é o sexto parto da vaca en algo máis de nove anos cando o normal é que a vida útil sexa de tres partos e cinco anos.

Por iso, a vaca non vai ser sacrificada cando deixe de producir e mesmo pensan en homenaxeala.

Ao final da súa vida, esta vaca terá producido máis de 140.000 litros de leite que, tirando polo baixo, supoñen arredor de 50.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade