Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vaga de calor desde o luns apunta cara o récord de temperatura máxima en España

Unha vaga de calor desde o luns apunta cara o récord de temperatura máxima en España

Galicia vai esquivar a situación complicada polas altas temperaturas aínda que entra o anticiclón

A Aemet activa o luns os primeiros avisos vermellos do verán en zonas do val do Guadalquivir de Xaén e Córdoba polo risco de que se superen os 44 graos

Piscina en Ourense Piscina en Ourense
G24.gal 08/07/2023 21:23

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) asegura que pola extensión, duración e intensidade haberá unha altísima probabilidade de que se confirme a primeira vaga de calor deste verán.

Aínda que xa as temperaturas son altas durante a fin de semana, por riba do normal en moitos puntos, sobre todo o domingo, a vaga de calor vai comezar o luns, que ademais será o peor día e vai afectar sobre todo á metade sur da península. Prolongarase ata o mércores.

O episodio cálido de xuño que nas previsións estaba ao límite non foi unha vaga de calor. Conforme os datos que analizou a Aemet, a axencia determinou que as temperaturas extremas daquela só afectaron unha extensión ampla do país durante dous días e non tres.

Praia ateigada de bañistas en Alacante Praia ateigada de bañistas en Alacante

Agora as previsións apuntan a que vai afectar sobre todo a metade sur e cunha duración de polo menos ata o mércores.  Esta fin de semana a atmosfera vai ir estabilizándose e sumaranse os demais factores meteorolóxicos que activan o coñecido como forno ibérico a partir do domingo.

Entra unha dorsal con aire cálido que, unida á insolación propia da época e a unha masa de aire de orixe saharaiana cálida e seca, propicia a situación.

O domingo xa se poden alcanzar os 40 graos na parte central do val do Guadalquivir, os 36-38 graos en zonas da meseta sur e interior das Baleares, e os 36 no val do Ebro. En Andalucía actívase xa o aviso laranxa, mentres que o amarelo aparece  en Aragón, as Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Madrid, Murcia e Valencia.

Episodio acusado entre o luns e o martes

As temperaturas irán a máis o luns e o martes, as xornadas co pico da vaga de calor. O luns soben de xeito claro en case toda a Península e nas Baleares, cunhas máximas por riba do normal de xeito xeneralizado: máis de 38 graos no interior peninsular e de Mallorca, máis de 40º en áreas do interior da metade sur e mesmo os 44 graos con aviso vermello en puntos do val do Guadalquivir.

O luns a situación pode mesmo facer perigar a marca de calor. Agora mesmo en España está en 47,6º, aos que chegaron os termómetros na Rambla en Córdoba en agosto de 2021, dúas décimas por riba do récord anterior que tiña a tamén cordobesa Montoro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade