Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha veciña de Meira, en Moaña, denuncia que lle aparcan diante do seu garaxe

Unha veciña de Meira, en Moaña, denuncia que lle aparcan diante do seu garaxe

Os seus veciños cren que hai sitio de sobra e que a solución pasa por ampliar o portal

Vista desde o coche da denunciante ao saír do seu garaxe
G24.gal 15/05/2024 13:13

Unha veciña de Meira (Moaña) denuncia que lle aparcan coches na pista de acceso á casa e que lle impiden o paso ao seu garaxe. Pola contra, outros veciños din que hai sitio abondo e que é ela quen debe ampliar o portal para facilitar as manobras.

"Comezaron a aparcar o coche na entrada do meu garaxe, polo que estabamos atrapados na nosa casa; chamabamos a Policía Local, pero tampouco os multaban, aínda que sabían que non se pode aparcar nesta vía", conta Patricia, a veciña afectada.

Os veciños din que, no seu día, cederon terreos para ampliar a pista e que caben de sobra dous coches. Pablo Piñeiro, presidente da asociación de veciños, cre que "teñen a solución de ampliar o portal para poder entrar perfectamente", e que "non é un problema de aparcamento, senón de veciños".

A muller apunta que o conflito está indo a máis, con insultos, agresións e ataques aos coches. "A semana pasada directamente rebentoume o cristal traseiro do vehículo comigo dentro", conta Patricia.

Para acabar co conflito, pide que o Concello de Moaña faga cumprir a lei, que volva poñer os sinais de prohibido aparcar e que lle concedan un vao como solicitou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade