Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha veciña de Betanzos leva unha década reclamando que limpen a maleza dunha leira

Unha veciña de Betanzos leva unha década reclamando que limpen a maleza dunha leira

A muller ameaza con ir aos tribunais se o Concello de Betanzos non toma as medidas oportunas

G24.gal 12/06/2024 14:07

Unha veciña de Betanzos leva denunciando cada ano, dende 2017, o incumprimento da lexislación sobre limpezas de parcelas preto de vivendas susceptibles de causar incendios.

Son xa moitos anos os que levan ela e o seu marido tendo que se facer cargo da maleza do veciño e ameazan con ir aos tribunais se o Concello de Betanzos non toma as medidas oportunas.

Tras oito anos de denuncias no Rexistro Xeral e na Sede Electrónica do Concello de Betanzos e máis aínda de abandono da leira do seu veciño, María Adela chegou ao seu límite.

O concelleiro responsable deste tema limítase a enviar requirimentos, mais non se executa a limpeza nin por parte do veciño nin pola da administración local. Cada ano teñen que limpar dous metros dende o lindeiro da casa á do veciño para evitar a invasión de maleza e de fauna non desexable.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade