Cargando resultados...
Unha veciña de Cangas presenta unha denuncia polo son das campás
Unha veciña de Cangas presenta unha denuncia polo son das campás
O arcebispado alegou que esas badaladas son as chamadas á misa, no Ángelus e nos funerais
Mentres non haxa resolución, o consistorio recomenda que se baixe o volume
G24.gal
16/11/2023 17:53
O son das badaladas en Cangas non senta ben a todos os veciños. Hai opinións para todos os gustos.
Unha muller que vive na rúa Real, a que discorre por diante do adro da excolexiata, presentou denuncia formal no Concello por ruído. O arcebispado alegou que esas badaladas son as chamadas á misa, no Ángelus e nos funerais.
Mentres non haxa resolución sobre o caso, o consistorio recomenda que se baixe o volume. Con máis ou menos balbordo, o badalo continuará marcando os avisos aos fregueses seguindo a tradición.