Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha veciña de Covelo denuncia o calote dun construtor

Unha veciña de Covelo denuncia o calote dun construtor

Di que lle adiantou dez mil euros pola obra, fixo a derruba e marchou

A afectada asegura que hai máis casos na contorna e de cifras máis altas

A casa estaba habitable e agora só lle quedan as catro paredes
G24.gal 13/10/2022 14:14 Última actualización 13/10/2022 14:24

Pagou máis de 10.000 euros na reforma dunha casa que herdara dun familiar falecido en Covelo, pero os responsables da obra botárona abaixo e desapareceron do mapa. 

Ana María pediu referencias do construtor a un compañeiro de traballo, xa que estaba a facer unha obra onde el vivía. Díxolle que traballaban con normalidade, pero ao pouco tempo xa a chamou para dicirlle que deixaran por facer.

A casa que herdou e onde Ana María decidiu investir os seus aforros e pedir un pequeno préstamo persoal para arranxala está sen tellado e sen chan; sen nada. Aínda que era habitable, necesitaba unha reforma para poñela ao día.

Non parecía que puidese haber ningunha irregularidade e o construtor gañouse a súa confianza. Así que, en marzo, asinou o contrato por 32.000 euros, con permiso de obra incluído e data prevista de finalización para o 22 de xullo.

"Pediume 4.800 euros de entrada e dinllos. Despois pediume catro mil mais para traer material, porque ía a Santiago para outras obras e xa traía o meu. Mandoume escoller as portas de dentro da casa e todo. Aos quince días pídeme 1.300 euros máis porque xa chegaran a caldeira e os radiadores e había que pagalo para que non cobrasen a almacenaxe. Deille e díxenlle que non lle daba máis ata que puxesen o tellado e a placa polo menos".

O proxecto incluía o cambio de tellado e chan de madeira, así como novas instalacións de electricidade e fontanería. O construtor envioulle varias mensaxes poñendo escusas, como que tiña unha man ferida ou que estaba pasando a covid. E ela plantouse na súa casa.

"Saíu a señora e dime que xa non vive alí que a eles tamén os estafou. E non é verdade porque eu falei cos veciños e sei que segue vivindo alí".

Despois de todo isto presentou unha denuncia no cuartel da Garda Civil en Ponteareas, para dar o coñecer o seu caso, que asegura que non é o único na contorna, di que hai polo menos outros dous. En Vigo, a outra muller levoulle 16.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade