Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha veciña de Muros topa unha perla morada nun prato de ameixas

Unha veciña de Muros topa unha perla morada nun prato de ameixas

Podería estar valorada nuns 4.000 euros 

Calquera molusco pode crear perlas

G24.gal 22/01/2023 22:51

Unha veciña de Muros pediu ameixas á mariñeira e atopou algo sorprendente. Cando abría os bivalvos, deuse de conta de que un deles contiña unha perla no seu interior.

O prato que estaba comendo Natalia no seu propio restaurante gardaba unha sorpresa extraordinaria: un obxecto esférico e duro que case lle rompe un dente e resultou ser unha perla pequecha de cor morada.

Deseguida buscou información. Pensaba que as perlas só medraban nas ostras, pero todos os moluscos poden crealas. A probabilidade, iso si, é baixísima, segundo explica o biólogo da confraría de Noia, Antonio Rama. 

Noutros achados recentes, perlas semellantes a esta foron taxadas en 4.000 euros. Natalia di que quere vendela.

O bivalvo, de especie xapónica, procedía dos bancos marisqueiros de Noia. Ademais do obsequio que contiñan, di Natalia que as ameixas estaban moi boas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade