Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha veciña de Santiago denuncia agresións e ameazas tras evitar a presunta ocupación ilegal dun piso

Unha veciña de Santiago denuncia agresións e ameazas tras evitar a presunta ocupación ilegal dun piso

A denunciante, vítima de violencia de xénero, pide que a trasladen a un piso noutra zona

G24.gal 19/04/2023 14:09

As ameazas e intentos de agresión poden verse no último dos vídeos gravados por unha veciña da rúa Touro de Santiago, onde vive nun piso cedido pola Administración, pola súa condición de vítima de violencia de xénero. Gravouno mentres agardaba no portal a policía tras denunciar que dúas persoas trataban presuntamente de ocupar ilegalmente un piso do edificio. 

Di que os conflitos con esta familia son constates desde que comezou a vivir neste barrio, con ameazas e insultos. Mesmo asegura que sufriu agresións.

Tensión

Momentos de tensión que se repiten ante a presenza das cámaras de televisión, polo que a vítima reclama protección policial. Os denunciados negan a intención de ocupar o piso e recoñecen as ameazas e mesmo intentos de agresións.

A denunciante asegura vivir con medo e pide que a trasladen de vivenda porque a situación afecta a súa saúde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade