Unha viaxe ao pasado do pobo galego no Museo Etnográfico de Oseira
Unha viaxe ao pasado do pobo galego no Museo Etnográfico de Oseira
Esta Semana Santa podemos viaxar ao pasado só cunha visita polo museo etnográfico de Oseira. Apeiros de labranza, útiles de antigos oficios e obxectos singulares podemos atopar nesta colección privada que volve estar aberta ao público.
Ao entrar no museo, entre tantas cousas, unha non sabe a onde mirar. Chámanos á atención o que, inxenuas, pensamos é unha escumadeira de madeira. Trátase dunha palmeta con funcións moito menos dignas.
Aquí exponse o arado máis longo, con once xugadas de bois, e o máis pequeno, o precedente da lavadora, e a romana máis grande que se coñece en Galicia para 1.140 quilos.
Para tareco curioso, un que necesita explicación porque sen ela é difícil saber a súa utilidade.
A colección privada do mestre Olimpio Liste, nunha antiga hospedaría do século XVIII que pertenceu ao mosteiro de Oseira, foi o primeiro museo etnográfico de Galicia, abriu en 1972.
E descubrimos que antano os toxos cultivábanse, con este trebello quitábanselles as sementes.
Aprendemos as máis novas e rememoran os máis maiores; oficios, apeiros e útiles que ben coñecen malia que xa se perderon.
Un pasado que nos fixo como pobo, descubrilo é coñecer a nosa identidade.