Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vida de traballos na batea sendo muller

Unha vida de traballos na batea sendo muller

Nos anos 80 eran poucas as mulleres que traballaban na batea

Rosa volvería ser bateeira se volvese nacer

Rosa Gallardo pasou a vida traballando na batea, primeiro co home e despois co fillo
G24.gal 06/03/2022 15:18

Camiño do 8 de marzo buscamos historias de mulleres orgullosas dunha vida de traballo onde elas eran a minoría. Rosa botou preto de 40 anos traballando na batea.

No peirao do Freixo Rosa revisa a última embarcación familiar na que ía traballar á batea. Agora está xubilada pero ata hai pouco aquilo era a súa vida.


 Fun ata que tiña 73 anos. Eu ía contenta e daquela era moito máis traballo, e era bruto. Había que facelo todo á man. E cada corda pesa polo menos 200 quilos e había que facelo á man.

E a súa xornada aínda non remataba aí porque tiña cinco fillos e había que traballar fóra e traballar dentro, como di ela. E foron pasando os anos e o traballo que antes facía co home seguiuno facendo co fillo e adaptándose ás novas esixencias.

Eu ía co fillo e eu non saltaba á batea porque tiña o corpo máis pesado. Saltaba el, pero eu atracáballe o barco e mais el ía amarrar cordas á batea e eu subíallas co guindastre.

E sabe ben que a súa escolla foi a correcta e que a batea lle deu a forza e a seguridade de valerse por si.

O mellor é non depender de ninguén. Ti queres facer unha cousa e se podes fala e senón non a fas pero non tes que pedirlle nada a ninguén. Eu se me din tes que volver a facer iso. Volves nacer e tes que facelo. Pois si, volvía!

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade