Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha visita a un Cat Café polo Día Internacional do Gato

Unha visita a un Cat Café polo Día Internacional do Gato

A protectora La Perla trouxo hai tres meses o concepto xaponés do Cat Café a Culleredo

G24.gal 08/08/2022 21:23

No Día Internacional do Gato visitamos un local ao que a xente acode para botar tempo cos felinos, ben sexa porque non poden ter un na casa ou porque andan buscando un ao que adoptar. É o concepto xaponés do café con gatos, e atopámolo en Culleredo.

E abondan uns minutos neste local para ver unha acción que hipnotiza. Os visitantes poden contemplar estas criaturas.

"Aquí ofrecemos unha maneira diferente de coñecer o carácter de cada gato, e así saír de aquí sabendo como é o que adoptas, se casa coa túa maneira de ser", conta Pedro Soto dende a protectora La Perla Cat Café.

É axudar a buscarlles un fogar e tamén brindar un espazo para ese concepto xaponés do Cat Café, o café con gatos.

É, simplemente, relaxarse, botar tempo cos michos. Pero igual acaba sendo levar algún para a casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade