Publicador de contidos
Publicador de contidos

A baixamar permite realizar unha visita guiada para coñecer os bosques fósiles de Patos

A baixamar permite realizar unha visita guiada para coñecer os bosques fósiles de Patos

A baixamar desenterrou as árbores petrificadas que datan de 5.000 e 10.000 anos de antigüidade cando o nivel do mar estaba moi afastado da liña de costa e podíase ir andando ata as illas Cíes

G24.gal 19/09/2024 14:21

Este xoves, e con moita expectación, soubemos da historia máis descoñecida do areal de Patos e Prado, en Nigrán.

Da man de Amigos da Terra e aproveitando a intensa baixamar participamos nunha visita guiada xunto a unhas 300 persoas para coñecer o que queda do bosque que hai 5.000 e 10.000 anos, conformou este areal, como nos conta Antón Lois.

"Como o mar cubriu parte deste bosque quedou soterrado solapándose outras praias que había 120.000 anos antes".

Ese nivel do mar, que antes nos permitía ir andando ata as illas Cíes, foi agochando este bosque fósil onde atopamos esas árbores petrificadas con aparencia de troncos grandes. Antón Lois de Amigos da Terra.

"Onde aínda se pode ver con estrutura e textura de madeira pero que está semisoterrada pola area. De todos estes procesos de cambio climático naturais, non ten nada que ver co cambio climático que estamos padecendo agora producido polas actividades humanas".

É o bosque fósil máis importante da provincia de Pontevedra. Un lugar onde había árbores e restos vexetais que pola falta de osíxeno e salinidade desapareceron. Con todo, a natureza volve desterralos para lembrarnos a necesidade de coidar os nosos exosistemas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade