Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha xuíza suspende cautelarmente a emisión do selo que conmemora o centenario do PCE

Unha xuíza suspende cautelarmente a emisión do selo que conmemora o centenario do PCE

Atende á medida pedida pola asociación Avogados Cristiáns, que considera que supón a "exaltación dun partido político que cometeu crimes"

O timbre, previsto para a venda o luns, indignou a PP, Vox e Ciudadanos

 

Selo de Correos conmemorativo do centenario do Partido Comunista de España Selo de Correos conmemorativo do centenario do Partido Comunista de España
G24.gal 12/11/2022 18:35

A xuíza Carmen Casado, do Xulgado número 30 do Contencioso-Administrativo de Madrid atendeu unha petición da asociación Avogados Cristiáns para paralizar preventivamente a edición por parte de Correos dun selo conmemorativo dos 100 anos de existencia do Partido Comunista de España (1921-2021) e bloqueou preventivamente a súa venda, prevista para o vindeiro luns, así o confirmou Correos.

A emisión do timbre xa suscitou nos últimos días o rexeitamento do PP, Vox e Ciudadanos.

Correos confirma que recibiu a orde da xuíza e aseguran que a empresa pública xa prepara alegacións.

A asociación de Avogados Cristiáns entendía que a emisión do selo violaba “o deber de neutralidade das Administracións públicas, a Lei de memoria democrática e a resolución do Parlamento Europeo, que condena a exaltación do comunismo”, segundo sinalan na súa páxina web e en redes sociais.

Correos anunciou a emisión deste selo conmemorativo do Partido Comunista de España (PCE), que tería unha tirada de 135.000 exemplares e que custaría 0,75 euros a partir do próximo luns.

O PCE respondeu á medida nas súas redes sociais. “Unha xuíza que traballou para o Goberno de Rajoy suspende 'cautelarísimamente' a emisión do selo do centenario do PCE por unha denuncia dun chiringuito de extrema dereita”, apunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade